martes, 23 de noviembre de 2010

Obradoiros de Saúde II

“Obradoiro VIH-SIDA”


Cuntis celebrará co alumnado do “Curso de formación de persoas adultas para a obtención do título de graduado en educación secundaria"os Obradoiros sobre a Saúde: “Obradoiro sobre VIH-Sida” e “Obradoiro de bebidas saudables”os días 23 e 24 de novembro de 2010.

Cuntis e Moraña, 23 de novembro de 2010

O Concello de Cuntis a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias organiza os Obradoiros sobre a Saúde: “Obradoiro sobre o VIH-Sida” e “Obradoiro de bebidas saudables” que se impartirán entre o alumnado do “Curso de formación de persoas adultas para a obtención do título de graduado en educación secundaria”, do concello de Cuntis.
Os obradoiros sobre a saúde realizarase os días 23 e 24 de novembro de 21:00 a 23:00 da noite.

·Obradoiro VIH-Sida: 23 de novembro de 2010.

O principal obxetivo desta actividade é informar e sensibilizar os/as alumnos/as sobre o VIH (que é? Como se contaxia? prevención?...). Para así fomentar neles/as unha vida máis saudable.

·Obradoiro de bebidas saudables para mozos/as: 24 de novembro de 2010.

Con esta actividade preténdese que os/as mozos/as coñezan e aprendan a realizar diferentes bebidas saudables (granizados, cócteles sen alcol, batidos...). Para así proporcionarlle novas formas de ocio que permitan romper co binomio alcol-diversión.

viernes, 5 de noviembre de 2010





Cuntis e Moraña celebra a actividade: “ Programa para deixar de fumar”
os próximos meses de novembro/decembro de 2010.

Cuntis e Moraña, 3 de novembro de 2010

Os concellos de Cuntis e Moraña a través do Plan Operativo de Promoción da Saúde e prevención das drogodependencias, están a levar a cabo, un ano máis, múltiples accións preventivas, tanto específicas como inespecíficas (educación para a saúde), orientadas a minimizar os factores de risco e potenciar a influencia dos factores de protección co fin de previr o consumo de drogas.

Dentro dos programas preventivos da carteira de servizos do Plan Galego de Drogas atópase o “Programa para deixar de fumar”, que se aplicará o longo dos meses de novembro e decembro na Casa de Cultura A.D.R.Castelao de Moraña.
O programa de deshabituación progresiva do consumo de tabaco é un tratamento psicolóxico eficaz que demostrou en múltiples aplicacións a súa elevada eficacia para deixar de fumar. Consiste na realización por parte dos/as asistentes, semana a semana, dunha serie de tarefas, que lle permitirán deixar de fumar na quinta semana. As actividades que plantexa o programa son sinxelas. Permitindo abandoar o consumo de tabaco de forma paulatina, e con pouco esforzo.

Antes de comezar co Programa propiamente dito realizarase unha reunión inicial na que se informará os/as asistentes sobre a dinámica a seguir durante as 5 semanas de duración do programa, concretarase o día e hora de reunión semanal e repartirase o material necesario para poder desenvolver o programa.

A reunión inicial realizarase o mércores 17 de novembro de 2010 de 20.30 a 22.00 h da tarde na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, Moraña.

Para participar na actividade e necesaria inscripción previa (prazas limitadas; 20 prazas). Data límite para inscribirse, venres 12 de novembro.

Inscripción: Casa de Cultura A.D.R. Castelao ou chamando os teléfonos:

986 552809 (Biblioteca de Moraña).
986 532579 (Julia).

Plan Operativo de promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias

OS CONCELLOS DE CUNTIS E MORAÑA CONTINÚAN AVANZANDO EN MATERIA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE E PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS


Cuntis e Moraña 5 de Novembro de 2010.

Un ano máis os concellos de Cuntis e Moraña asinan un Convenio de colaboración para o desenvolvemento de Programas de Prevención de Drogodependencias xunto coa Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, da Consellería de Sanidade, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

A través do Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias inténtase dar resposta a un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade actual, que afecta non só á saúde das persoas directamente implicadas no consumo de drogas senón tamén ao benestar da comunidade. Isto vense realizando a través de varias intervencións que teñen como obxectivo minimizar a influencia dos factores de risco e potenciar os factores de protección ante o consumo de drogas. Desenvólvense accións destinadas a reducir e /ou retrasar o abuso de drogas, e/ou en caso de terse producido, reducir ao mínimo as súas consecuencias negativas.

Os programas inciden no feito de que a prevención das drogodependencias non é un traballo só de especialistas, senon que é responsabilidade de toda a sociedade, xa que o consumo de drogas é un fenómeno xeneralizado na nosa sociedade, apoiado en aptitudes tolerantes. Isto implica que é necesario desenvolver intervencións en diferentes ámbitos como o escolar, o familiar, o comunitario, o laboral etc. De aí, que para abordar en toda a súa amplitude a prevención do consumo de drogas, sexa necesaria a participación de todas/os as/os axentes sociais e institucións.

Outro aspecto importante a resaltar na prevención das drogodependencias é a importancia de manter informada á poboación dos recursos existentes no noso entorno. Para iso dende o Programa deseñouse un blog (prevencioncuntismorana.blogspot.com), a través do cal os/as usuarios/as poden atopar información sobre drogas, recursos asistenciais, actividades programadas dende o Plan Operativo, etc. Ademais, este Plan conta cun servizo de asesoramento para todas aquelas persoas que necesiten información sobre esta temática. O acceso a esta información pode facerse a través doutras vías ademais do blog, como a vía telefónica (tlf1: 986532579, tlf2: 986553541) ou acudindo persoalmente á oficina do programa no Centro Ocupacional “A Ran” Cuntis, os martes e xoves; ou na Casa de Cultura A.D.R. Castelao de Moraña os luns e mércores en horario de 8:00 a 15:00 da mañá.

A importancia do programa
Na actualidade en Galicia, ao igual que no conxunto de España, o consumo de drogas experimentou unha serie de variacións como o aumento do consumo de determinadas drogas e a aparición doutras novas. Todo isto define unha preocupante situación, considerando a curta idade na que comezan algúns consumos e a posible repercusión que estes poden exercer nun período da vida no que o desenvolvemento físico, psicolóxico e social é intenso.

Para correxir esta situación, nos concellos de Cuntis e Moraña o Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias, desenvolve dende o ano 2007 diferentes accións preventivas; que ano tras ano se adaptan as novas necesidades e variacións que xorden no ámbito das drogodependencias. Intentando así dar unha resposta máis axeitada e efectiva a esta problemática.

Diferentes actividades programadas en cada ámbito para este novo período:

- ÁMBITO ESCOLAR:

1) A saúde na escola (3 a 11 anos).
2) A experiencia de educar para a saúde na escola (12 a 16 anos).
3) Cinensino.
4) HHSS. (Habiliadades Sociais)


- ÁMBITO FAMILIAR:

1) Iniciando unha escola para pais/nais.


- ÁMBITO COMUNITARIO:
1) Xogar fomentando hábitos saudables.(nenos/as de 4 a 13 anos).
2) Obradoiro VIH-Sida
3) Obradoiro bebidas saudables sen alcol para mozos/as.
4) Previr xogando (nenos/as de 4 a 13 anos).
5) Programa para deixar de fumar.