miércoles, 8 de diciembre de 2010

NOITES ESPERTAS PARA A MOCIDADE



Cuntis e Moraña, 8 de decembro de 2010

Os concellos de Cuntis e Moraña celebran os dias 21,22 ,23, 28, 29 e 30 de decembro a actividade “Noites espertas para a mocidade”para mozos/as maiores de catorce anos,. Dita actividade está organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias. Desenvolverase nas tardes/noites das vacacións de nadal co obxetivo de dar os mozos/as alternativas de ocio. Para así fomentar hábitos saudables intentando romper o binomio alcohol-diversión.

Moraña:

* Exhibición e clases de bailes latinos e hip-hop:21, 22 e 23 de decembro
de 2010; de 18:00 a 20:00 h da noite (necesaria inscripción previa;
Casa de Cultura A.D.R. Castelao, Moraña).

* Obradoiro de Abalorios: 28,29 e 30 de decembro de 18:00 a 20:00 h da
noite(necesaria inscripción previa; Casa de Cultura A.D.R.Castelao,Moraña).

Cuntis:

* Exhibición e clases de bailes latinos e hip-hop: 21, 22 e 23 de decembro
de 2010; de 20:30 a 22:30 h da noite (necesaria inscripción previa; Centro
Patelas, OMIX de Cuntis).

* Obradoiro de Abalorios: 28,29 e 30 de decembro de 20:30 a 22:30 h da
Noite (necesaria inscripción previa; Centro Patelas, OMIX de Cuntis).

PREVIR XOGANDO NO NADAL (Descubramos a apocema da vida saudable).


Cuntis e Moraña celebrarán a actividade “Previr xogando no Nadal” os días 27,28, 29 e 30 de decembro.

Cuntis e Moraña, 8 de decembro de 2010

Os Concellos de Cuntis e Moraña celebrarán os días 27, 28, 29 e 30 de decembro a actividade “Previr Xogando no Nadal”, organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da saúde e Prevención das drogodependencias. Dita actividade terá lugar os días 27 e 28 en Moraña e 29 e 30 en Cuntis. Con esta actividade preténdese fomentar hábitos saudables cos/as máis pequenos/as a través de actividades de ocio e tempo libre.

As datas, horarios e lugares de realiación da actividades son os seguintes:

MORAÑA


Luns 27 de decembro:

• 17:00 a 18:30 nenos/as de 4 a 7 anos.
• 18:30 a 20:00 nenos/as de 8 a 13 anos.

Martes 28 de decembro:

• 17:00 a 20:00 todos/as os/as nenos/as xuntos/as.

Lugar: Casa de Cultura A.D.R.Castelao

CUNTIS

- Mércores 29 e xoves 30 de decembro.

* 10.30 a 13.30 horas no Colexio Don Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis.

PREVIR XOGANDO NO NADAL

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES



Cuntis e Moraña celebrarán co alumnado de 3ºESO dos CPI de ambos concellos o “Obradoiro Bebidas Saúdables para mozos/as” os días 20 e 21 de decembro de 2010.

Cuntis e Moraña, 8 de decembro de 2010

Os Concellos de Cuntis e Moraña a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias organizan o “Obradoiro de bebidas saudables para mozos/mozas” que se impartirá entre o alumnado de 3º da ESO dos colexios de ambos concellos (Colexio Don Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e no CPI Santa Lucía de Moraña).

Dita actividade realizarase os días 20 e 21 de decembro durante o horario escolar. Incluída como unha das actividades de lecer asociadas o Nadal e o fin do primeiro trimestre escolar.
Con esta actividade preténdese que os mozos/as coñezan e aprendan a realizar diferentes bebidas saudables (granizados, cócteles sen alcol, batidos...). Para así proporcionarlle novas formas de ocio que permitan romper co binomio alcol-diversión.