miércoles, 4 de mayo de 2011

UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E ECOLÓXICA NOS CENTROS EDUCATIVOS DE CUNTIS E MORAÑA













O pasado día 27 de abril e onte 3 de maio tiveron lugar unha nova serie de actividades no C.P.I de Cuntis “Aurelio Marcelino Rey García” e no C.P.I “Santa Lucía” de Moraña dentro do Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas 2011.
Este Plan lévase a cabo polos Concellos de Cuntis e Moraña.
O obxectivo principal das actividades foi concienciar os/as alumnos/as de 6º de primaria da importancia que ten unha boa alimentación na nosa saúde.
Na primeira parte da actividade a técnica responsable do programa a través dunha unidade didáctica traballou cos/as alumnos/as conceptos básicos en torno á agricultura ecolóxica e á alimentación saudable mediante unha metodoloxía activa e participativa con dinámicas grupais.

FOTO 1: ORDEANDO UNHA DEFINICIÓN
FOTO 2: TRABALLOS EN GRUPOS
FOTO 3: AS FICHAS DOS ALIMENTOS