viernes, 6 de mayo de 2011

CONTACONTOS" A MÚSICA DOS ALIMENTOS"



ACTIVIDADE “CONTA-CONTOS: A MÚSICA DOS ALIMENTOS”
Cuntis, 6 DE MAYO, 2011

Dende os concellos de Cuntis e Moraña a través do Plan Operativo de promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas terán lugar nas Escolas Unitarias de Educación Infantil de Cuntis e Moraña diferentes sesións de conta-contos: “a música dos alimentos” durante este mes de maio.
Esta mesma actividade xa se fixo nas escolas infantís de Cuntis e Moraña o pasado mes de marzo.
Mediante esta actividade con información audiovisual e auditiva os nenos/as poderán iniciarse no mundo da alimentación saudable. Coñecerán os diferentes personaxes do conto:a doutora Saúde e a Andina e a súa familia que farán tolear a máquina dos alimentos.
Nesta ocasión será o turno das Escolas Unitarias de “San Lourenzo”, “Amil”, “Lamas”,e “Arcos”.
A actividede será impartida pola técnica de Saude dos Concellos de Cuntis e Moraña sempre coa colaboración das mestras das escolas.

ELABORACIÓN DA HORTA ECOLÓXICA
















Na segunda parte da actividade os/as alumnos/as de 6º de primaria do C.P.I "Don Aurelio Marcelino Rey García" e do C.P.I "Santa Lucía en Moraña" plantaron eles mesmos/as as diferentes especies xa mencionadas coa axuda do técnico en agricultura ecolóxica. Os alimentos ecolóxicos gozan dunha grande calidade nutritiva, sen pesticidas, fertilizantes e organismos manipulados xenéticamente. A participación dos centros educativos foi excelente comprometéndose nos dous Concellos a regar e coidar da horta.