miércoles, 21 de diciembre de 2011

OBRADOIROS DE NADAL DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE



Este nadal fixéronse na Casa da Cultura de Moraña con nenos e nenas dende os 4 ata os 12 anos obradoiros de alimentación saudable con xogos on-line, elaboración de pinchos de froitas , batidos con froitas, e zumes naturais. Ademáis da degustación de froitos secos.A participación foi excelente.

ENTREGA DE PREMIOS NA ESCOLA DE NAIS EN CUNTIS









Opasado 1 de decembro clausurouse a escola de nais organizada polo II Plan de Prevención de Drogodependencias dependente do Concello de Cuntis e Moraña en colaboración coa FEGAMP.
Tódalas asistentes foron obsequiadas cun lote de alimentos saudables e a escola clausurouse cunha charla sobre intelixencia emocional impartida por Beatriz Millan licenciada en psicoloxía. Ademáis destes temas houbo: prevención de drogas no fogar, sexualidade, e ciberseguridade.

ESCOLA DE NAIS DE CUNTIS "CIBERSEGURUDADE"QUÉROTE



Opasado mes de novembro houbo en Cuntis un obradoiro enmarcado dentro da programación da escola de outono para nais e pais, organizado polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas e en colaboración co centro QUÉROTE de Santiago de Compostela. O obxectivo do mesmo foi mellorar o control de contidos sexuais non adecuados para os máis peques da casa. Detectóuse nestes últimos anos a necesidade de protexer e controlar o que poden chegar a ver os nosos fillos/as na rede. A experta do centro quérote dotou os/as participantes de pautas básicas para poder bloquear os equipos e deste xeito poder estar tranquilos/as aínda que non esteamos diante da pantalla. .A actividade foi gratuita.

15/11/11 DÍA INTERNACIONAL SEN ALCOHOL







15/11/11 DÍA INTERNACIONAL SEN ALCOHOL




















O pasado 15 de Novembro en Moraña e Cuntis instaláronse dous puntos de información ambulantes con información relativa ó alcohol. Dende o II Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Drogodependencias pretendeuse resaltar a importancia que o consumo de alcohol ten na nosa sociedade e as graves consecuencias do seu abuso. Tamén houbo unha mención especial ó consumo de alcohol e a conducción. Aqueles/as veciños que se acercaron tiveron un agasallo. Tamén se fixeron enquisas sobre o consumo de alcohol nos Concellos e fíxose un estudio estadístico posterior que xa se ode consultar na oficiña da ran.